25/10/09

Do cómic ao cine?

Penso que todos coñecedes a Titeuf: cómics, serie televisiva, xogos para diversas "maquinetas" e, o próximo ano, parece que unha película para a gran pantalla.

Á súa panda tamén a coñeceredes


Se ata agora non o coñeciades, de agora en diante seravos imposible, porque penso que ha ter algún protagonismo na nosa exposición Expocómic 2009 . Cando te achegues a ela, has saber do que falo.

O autor deste cómic chámase Zep e é este home da foto.

E xa non me vou liar máis, que hoxe fáltame tempo, pero déixovos unha páxina web moi chula, con información para os que se defendan en francés e queiran practicalo. Non sufrades por adiantado que tamén hai unha en castelán. En galego non atopei.

http://www.zeporama.com/

http://www.guiadelcomic.com/comics/titeuf.htm

Tamén vos deixo un vídeo de Zep anunciando o citado filme, un pouquiño máis abaixo.

Ata outra!

Zep, O autor de Titeuf anuncia unha película sobre o coñecido personaxe de cómic!

8/10/09

ÁGORA

Por fin chega Ágora, a esperada película de Alejandro Amenábar. A historia desenvólvese en Alexandría (Exipto), no ano 391 d. C., unha cidade sacudida polas revoltas relixiosas. A protagonista é a astrónoma Hypatia Morla, quen loita por protexer a sabiduría que encerra a Biblioteca de Alexandría.