25/4/09

LA CASA DE MI ABUELA

La casa de mi abuela é unha película-documental de Adán Aliaga (en valenciano e castelán, 2005). En palabras do director non é exactamente un documental, el prefire a denominación "cine real". Segundo afirma na páxina oficial da película: "Se trata de ficción que supura realidad en cada secuencia".
A historia está protagonizada por Marita, unha muller de 75 anos, viúva, de San Vicent del Raspeig (Alacante). Vive soa, preto da vía do tren, na mesma casa desde que casou, hai xa 52 anos. A presentación da súa vida cotiá abrangue esceas tan simples como os recados, a alimentación do can, as tarefas do fogar, o aseo persoal, a súa loita por desratizar a casa, a relación coas amigas, a misa na tele, uhna cabezadiña no sofá, a calor do Levante, o cansancio, a idade e, por suposto, o coidado da súa neta Marina que ao comezo da película ten 6 anos. A vitalidade da nena, as súas travesuras e rebeldía, a súa curiosidade e inxenuidade provocan momentos de risa e distensión (que xa se albiscan na primeira secuencia na que vemos a Marina achegando lentamente un dedo a un cartel onde se pode ler "Non tocar. Perigo de morte")
A monotonía e a rutina rematan o día en que os fillos de Marita deciden que é mellor vender a casa para que se constrúan pisos de protección oficial. Deste xeito a estartelada vivenda da avoa pasará a ser un fogar acolledor e confortable.

Esta historia intimista, tenra e dura a partes iguais, ten de especial que Marita é a avoa do propio Adán Aliaga, e Marina é a súa curmá pequena. Por suposto todo o que se conta na película é real e mesmo podemos ver, nos Extras, cómo é a nova vivenda. O director fai unha especie de collage, misturando secuencias filmadas en diferentes anos, alterando a orde cronolóxica. Define a súa obra como unha viaxe emocional na que imaxes, sons e música teñen igual protagonismo.
En só 80 minutos faise un repaso a temas tan complexos como o conflito xeracional, os cambios na educación, a fe relixiosa, a dependencia das persoas maiores, a contaminación (na zona hai cementeiras e fábricas de amianto), a amizade, a soidade, o urbanismo, a inseguridade e outras moitas cuestións que ben merecen unha reflexión na aula.
La casa de mi abuela gañou ata o de agora un número moi destacado de premios, feito que confirma a calidade desta máis que recomendable obra. Se queres aprender e disfrutar pasa pola biblioteca e pide esta película.

17/4/09

Azur y Asmar

Érase una vez Azur, rubio y de ojos azules, hijo de un terrateniente. Y Asmar, moreno y de ojos negros, hijo del ama de cría.
Crecen como hermanos en un país verde y floreado, hasta que la vida les separa brutalmente.
Pero, Azur no olvida a sus compañeros de la infancia ni las historias de hadas de su ama de cría. Crece y decide ir al país de sus sueños en busca del Hada de los Djinns.
Reencuentra a Asmar que también ha decidido buscar y conseguir encontrar el hada luchando contra los peligros y los encantamientos del país de las maravillas.
¿No suena genial? Si te animas a vivir esta aventura junto con Azur y Asmar, no tienes más que acercarte a nuestra Biblioteca y pedir esta película. El sapo Manolo la incluyó en la última lista de la compra.
Mientras tanto te propongo algo muy divertido, hay una página web en la que puedes disfrutar de divertidas actividades, escuchar la música de la película, ver los decorados, descargar fondos de pantalla y enterarte de "cosillas".
Nota para profesores y padres: hay un apartado muy interesante con actividades para Educación Primaria y Secundaria.

Para acceder a esta página pulsa en la siguiente imagen

Para ir haciendo boca disfruta del trailer de la película. Sólo tienes que "darle al play".

Azur y Asmar - Tráiler en español