22/6/09

REMATADO O CURSO...

Rematado o curso chegan as merecidas vacacións: o mellor tempo para dedicar á lectura e ao cine (ademais de outras actividades e inactividades, claro). Aproveitemos estes días para ir ao cine e comprobar se nos gustan ou non as adaptacións cinematográficas dalgunhas obras literarias. Comezamos polas que xa non son novidade:
  • Crepúsculo, de Catherine Hardwicke, adaptación da novela do mesmo título de Stephenie Meyer, conta a relación amorosa entre unha adolescente e un mozo vampiro, cos perigos que isto entraña.
  • La brújula dorada, de Chris Weitz, adaptación da primeira entrega dunha triloxía de Philip Pullman. A historia xira entorno a unha nena que viaxa ao Polo para salvar a un grupo de rapaces, vítimas dunha organización.
  • Slumdog Millionaire, está baseada na novela Q&A de Vikas Swarup. Conta a historia dun rapaz que se convirte en millonario grazas a un concurso de televisión.



E pasamos ás estreas:
  • Corazón de tinta, de Iain Softley, adaptación da novela homónima de Cornelia Funke, a primeira dunha triloxía. Está protagonizada por un pai e a súa filla, dous grandes lectores, que teñen o poder de facer reais os personaxes das súas lecturas.
  • Los hombres que no amaban a las mujeres, de Arden Oplev, primeira entrega da triloxía Millennium de Stieg Larsson. Presenta todos os elemntos que farán da película un éxito: trama detectivesca, asasinatos, corrupción...
  • E proximamente teremos nos cines a sexta entrega de Harry Potter (O misterio do príncipe). Cita ineludible para os millóns de seguidores deste personaxe de J.K.Rowling, que marcou un antes e un despois na literatura xuvenil.

Finalmente unha recomendación moi especial : Los mundos de Coraline de Henry Selick, unha historia fascinante que mistura a inocencia, o humor e o macabro, ao máis puro estilo de Tim Burton.

14/6/09

Priscilla, raiña do deserto.

Agora que nos imos ir de vacacións unha suxerencia para viaxar: un ómnibus.
Na película que nos ocupa os protagonistas tamén utilizan este medio de transporte, pero non para ir de vacacións.
Dous Drag-Queens e un transexual atravesan o deserto para acudir a unha oferta de traballo nun hotel. Recorren en ómnibus (a "Priscilla" en cuestión) Australia dende o sur ao norte, dende Sidney ata Alice Springs. Algunha xente recházaos e arremete contra eles, mentras que outros acéptanos e divírtense conversando con eles. É así como en cada parada, os amigos montan un espectáculo que ás veces recibe ovacións e outras teñen que escapar para non ser apaleados.
Situacións divertidas non faltan e tenrura tampouco.
As reaccións que observamos na película son as que podemos observar na sociedade que nos rodea, as que podemos ter nós mesmos ante outros que se senten e amosan abertamente coma diferentes, non estandarizados. Que será o que produce que algúns reaccionen negativamente, incluso agresivamente, ante persoas que tentan ser honestas consigo mesmas e tentan alcanzar a felicidade coma calquera? Será temor ao descoñecido? Ou temor a que outros teñan a valentía que supón encarar situacións difíciles contra vento e marea?



Prexuiciosa e intolerante humanidade!

Queres viaxar un pouquiño por Australia e Oceanía en xeral? Preme no koala.

6/6/09

Tierra / Earth

Aunque falté a mi cita el pasado fin de semana, aquí estoy con otra sugerencia. En esta ocasión la sugerencia en castellano, ya que la utilizaréis en el aula, en la clase de Lengua Castellana: el artículo, las direcciones web y la película.
Alastair Fothergill, el director de esta película, nos hace vibrar con el resultado de 5 años de trabajo filmando en 26 países diferentes.

La protagonista absoluta la Tierra y, no menos importantes, unos enternecedores actores secundarios: una familia de osos polares en el Ártico, una elefanta y su cachorro en el desierto de Kalahari, y una ballena jorobada y su cría de cinco meses, entre otros.


Esta película producida por la BBC nos traslada desde el Polo Norte hasta la Antártida, siguiendo el rastro del Sol.
En palabras del director, su pretensión no ha sido la de transmitir ningún mensaje sino mostrar sin efectos artificiales el "espectáculo de la naturaleza" a todo el mundo, puesto que "no es fácil que la gente se preocupe si no conoce a los animales y no sabe lo que les pasa".

Las imágenes son impactantes y me quedo corta. Las cámaras utilizadas y la maestría con que han sido utilizadas y dirigidas consiguen dejarnos sin habla. El tráiler puede servir para tener una ligera noción de lo que pretendo expresar. La música complementa perfectamente el conjunto.

La siguiente dirección web es el sitio oficial de la película y aparte de información sobre la cinta, tiene un material y recusos para educadores (madres, padres, profesorado, ...) realmente interesante.

Y otra no menos interesante, la que le dedica la BBC:

No hará falta que os diga que tenéis la película a vuestra disposición en la biblioteca.
Os dejo ya con el prometido tráiler y con vuestras reflexiones.

Planet Earth Long Trailer

Alucinante, ¿no?