8/12/09

JUNO

A pesar de ser unha comedia, o asunto que trata é serio: o embarazo non desexado dunha rapaza de 16 anos é o tema principal desta película. Vai ter que tomar decisións importantes, e antes que nada decantarse pola opción do aborto ou non. A opción que elixe non vai ser un camiño doado, ningunha delas o sería.

Para entrar en materia o tráiler, premendo na imaxe:


Proposta para 4 Oscars, finalmente gañou o do mellor guión orixinal (Academy Award Winner for BEST ORIGINAL SCREENPLAY).

E falando dos Oscars, apetéceche axexar na páxina oficial ?





A web oficial da película en español: http://www.fox.es/juno/


A web oficial en inglés: http://www.foxsearchlight.com/juno/

Estas dúas páxinas non son exactamete iguais, polo que poden complementarse.

8/11/09

Celda 211


Algúns datos sobre a película: Celda 211 España/Francia 2009.
Xénero e duración: Thriller, 110'.

Dirección: Daniel Monzón.

Intérpretes: Luis Tosar (Malamadre), Alberto Ammann (Juan Oliver), Antonio Resines (Utrilla), Marta Etura (Elena), Carlos Bardem (Apache), Manuel Morón (Almansa), Luis Zahera (Releches), Vicente Romero (Tachuela), Fernando Soto (Armando), Manolo Solo (director do cárcere).

Desde o 6 de novembro está nos cines esta película, que ten bastante boa crítica (entretenida, intensa, ritmo trepidante.

Está basada na novela de Francisco Pérez Gandul, que é éste que vedes á dereita.


Se premes sobre a foto poderás ler un artigo sobre él, en relación ao premio Memorial Silverio Cañada á mellor primeira novela negra.


O argumento: Un funcionario de prisións que empeza a traballar nun centro penitenciario de Sevilla o mesmo día que se produce un motín de presos perigosos. Alí dentro, terá que facerse pasar por un deles, xa que se o descubriran a súa vida correría perigo. Usará a súa intelixencia para poder sobrevivir.

A película ten a súa propia páxina web onde podes ver o tráiler, fotos, críticas, etc.




Entre o equipo de actores destaca Luis Tosar, que parece merecer especial mención non só por ser galego, senón por interpretar moi ben o personaxe de Malamadre, un preso moi perigoso líder da revolta no cárcere.

Ten ás costas un montón de traballos no teatro e no cine, e para que vos enteredes, remítovos á seguinte dirección:


CINEUROPA

Unha das citas que os cinéfilos temos en novembro é Cineuropa. Un ano máis poderemos gozar dun programa cunha selección de títulos de gran calidade, entre os que queremos destacar dous.
  1. O club da calceta (2008) de Antón Dobao, adaptación da novela homónima de María Reimóndez, que tanto éxito tivo no club de lectura de adultos o pasado curso.

  2. Le hérisson, (2009) de Mona Achache, adaptación libre de A elegancia do ourizo, a marabillosa novela de Muriel Barbery.

Non deixes de ver estas películas, seguro que paga a pena. Se queres mercar a túa entrada pica aquí.

25/10/09

Do cómic ao cine?

Penso que todos coñecedes a Titeuf: cómics, serie televisiva, xogos para diversas "maquinetas" e, o próximo ano, parece que unha película para a gran pantalla.

Á súa panda tamén a coñeceredes


Se ata agora non o coñeciades, de agora en diante seravos imposible, porque penso que ha ter algún protagonismo na nosa exposición Expocómic 2009 . Cando te achegues a ela, has saber do que falo.

O autor deste cómic chámase Zep e é este home da foto.

E xa non me vou liar máis, que hoxe fáltame tempo, pero déixovos unha páxina web moi chula, con información para os que se defendan en francés e queiran practicalo. Non sufrades por adiantado que tamén hai unha en castelán. En galego non atopei.

http://www.zeporama.com/

http://www.guiadelcomic.com/comics/titeuf.htm

Tamén vos deixo un vídeo de Zep anunciando o citado filme, un pouquiño máis abaixo.

Ata outra!

Zep, O autor de Titeuf anuncia unha película sobre o coñecido personaxe de cómic!