24/5/09

CURTAMETRAXES GALEGAS

A distribuidora Gallaeciacinema presenta na súa colección "Galicia de cine" unha selección dalgunhas das mellores curtametraxes do panorama cinematográfico galego. Os oito títulos que compoñen este DVD son:
1. A teoría do espello de Pedro Alonso Corredoira, unha historia que se integra dentro do xénero de ciencia ficción, e na que a morte resulta ser unha vía de fuxida da "máis cruenta das torturas: a memoria". O 31 de decembro do ano 2001, xusto un segundo antes da chegada do capicúa 2002, o tempo comeza a ir cara atrás.

2. Coruña imposible de Paco Rañal (1995), unha curta de dez minutos en B/N, na que o protagonista vive unha inesperada situación que vai da comicidade máis sinxela ao impactante final, nun angustioso pesadelo que non ten fin. Non vos perdades a sensación de vertixe das imaxes finais e a relación da historia cos espazos imposibles de M.C. Escher.

3. El fruto del tedio de Rubén Coca (2001) conta a decisión de dous amigos de cambiar de banco no parque no que pasan o tempo, para así cambiar de perspectiva. Xa o título desvela a dificultade para romper coa rutina e tomar decisións realmente importantes.


4. Metamorfosis (2004) de Fran Estévez, baseada no conto de Franz Kafka, é unha curta que se centra na relación de Gregor Samsa (do que só se escoita a súa voz en off) e a súa irmá Gretel (á que corresponden as imaxes). Cunha estética claramente expresionista, a rodaxe durou oito días e o resultado é unha brillante combinación de imaxes e debuxos (do propio Estévez) en branco e negro e o paso á cor nas localizacións de exteriores.

5. Minas (2003) de Daniel de La Torre. A historia desenvólvese no ano 1938. Un soldado falanxista, fuxindo dunha emboscada, intérnase nun campo de minas. Caerá na trampa e entrará nuha espiral de medo, desesperación e soidade. Salienta na curta o bo facer do único actor que aparece en escea e a marabillosa voz de Uxía Senlle recreando o poema de Celso Emilio Ferreiro Eu en ti.

6. Minotauromaquia. Pablo no labirinto (2004) de Juan Pablo Etcheverry, con música de Stravinsky, unha recreación animada en plastilina do peculiar mundo pictórico de Picasso. Algunhas das figuras máis emblemáticas do Guernica, As señoritas de Aviñón, o neno vestido de pierrot e outros moitos deben fuxir do cruel e ameazante Minotauro que persegue a Pablo polo labirinto.


7. Os Crebinsky de Quique Otero (2002) co aire do cine mudo, presenta as aventuras e desventuras dunha estraña parella de irmáns, os Crebinsky, que viven da creba na Costa da Morte. Recollen na praia todo canto a marea achega á beira e un día comproban que están de sorte... É unha disparatada historia chea de humor na que a música tamén xoga un papel fundamental, e da que temos unha esperada continuación nuha longametraxe: Os Crebinsky. O filme.

8. Una luz encendida (1999), a novena curtametraxe de Alber Ponte (1999), é un drama protagonizado por unha parella nova, ilusionada por un premio millonario. Pero os cartos non son o máis importante nunha relación, e os soños pódense romper de moitas maneiras.

Calquera destas curtas merece a nosa atención tanto polas súas coidadas realizacións como polos temas que abordan: o paso do tempo, a soidade, a incomprensión, a inadaptación, a indecisión, a guerra, a supervivencia, o desengano, os soños... e tantas outras cuestións que a todos nos afectan nalgún momento da nosa vida.

17/5/09

Paris, Je t'aime trailer

O trailer está en inglés con subtítulos en francés, pero téndelo en español no link (o corazón) á páxina web da película en español.

16/5/09

Paris, je t'aime.

París, de sempre coñecida como a cidade do Amor, sirve de inspiración para esta película.

Onde podería xurdir ou rematar unha historia de amor?


Aquí?


Ou ... aquí?






Se cadra nesta esquina?
Ou nalgún destes outros recunchos?












Paris, je t'aime é una película francesa dirixida por varios directores de distintas nacionalidades . Está composta de dezaoito curtametraxes, e en cada unha delas temos un telón de fondo distinto, lévannos dun barrio a outro de París. Diferentes historias sobre alegría, encontros inesperados, separacións. etc. Amor e desamor que rega rúas, cafés, metro, ... A cidade latexa.

Aquí tendes especificadas cada unha das historias

Tuileries de los hermanos Coen.
Place de Victoires del japonés Nobuhiro Suwa.
Quartier des Enfants Rouges de
Olivier Assayas
Le Marais del director norteamericano Gus Van Sant.
Quais de Seine escrito por
Paul Mayeda Berges y dirigido por su esposa la directora Gurinder Chada.
Barrio latino realizado por Fred Auburtin et Gérard Depardieu y escrito por Gena Rowlands.
Tour Eiffel de Sylvain Chomet.
Quartier de la Madeleine dirigido por
Vincenzo Natali
Pigalle realizado por
Richard LaGravenese
Faubourg Saint-Denis dirigido por
Tom Tykwer
Bastille escrito y dirigido por la española Isabel Coixet.
Porte de Choisy del director australiano
Christopher Doyle
14e arrondissement de
Alexander Payne
Loin du 16e de los brasileños
Walter Salles y Daniela Thomas.
Parc Monceau por el director mexicano Alfonso Cuarón.
Montmartre dirigido por el director francés Bruno Podalydès.
Place des Fêtes de
Oliver Schmitz Père-Lachaise del director Wes Craven.


Aquí vos queda un link a web da película


8/5/09

A flor máis grande do mundo, José Saramago

Fermoso e sinxelo relato de José Saramago que Juan Pablo Etcheverri converteu nunha magnífica curtametraxe de animación premiada co Premio Goya 2007.

Nela escoitamos a agarimosa voz de Saramago que confesa, case con pudor, as súas dificultades para escribir historias para nenos pois
"deben escribirse con palabras moi sinxelas, porque os nenos, ao seren pequenos, saben poucas palabras".
A curta, fiel ás palabras do autor, nárranos unha historia sen palabras: un neno, unha familia, unha urbanización, asfalto, grúas, ruido e unha fuxida cara ao descoñecido: un río, unha ladeira, unha flor case morta.
O neno loita pola súa flor, fai unha e mil viaxes ao río para salvala, e ela medra e medra ata protexer ao neno esgotado coa súa sombra e coa calor dun gran pétalo perfumado con todas as cores do arco iris.



E de novo escoitamos a José ao remate da historia invitando aos nenos a escribila con palabras máis sinxelas:
"Quen me di que un día non lerei outra vez esta historia, escrita por ti que me les, pero moito máis bonita?..."
Unha fermosa oportunidade para traballar cos nenos o respecto pola natureza e o medio ambiente, o amor pola beleza e polas historias emotivas e sinxelas.
Unha magnífica oportunidade para aceptar a invitación de Saramago e animar aos rapaces a escribir esta historia coas súas palabras, sinxelas, para nenos...

3/5/09

En América - Jim Sheridan

Tengo que decir en primer lugar que me quedé un poco desconcertada con la cinta. Lo que creí que era una película para el disfrute del público infantil, me pareció más una película para ver a partir de cierta edad o al menos desde un ángulo o actitud diferentes a la del mero disfrute.
Mi experiencia fue la de intentar ver la película con un público compuesto por una niña de 7 años y dos de 12, pero el intento se quedó justamente en eso, ya que tuvimos que dejarlo (afortunadamente era un DVD): a la de 7 se le hacía bastante extraña e inquietante y las dos mayores se sentían un poco incómodas ante ciertas escenas y no acababan de entender "de qué iba" el fondo. Resultado, aplacé lo de verla para un momento en el que estuviera sola y poder hacer el comentario de la misma en nuestro blog. Tengo que añadir que la experiencia podría no resultar igual para todos, de hecho está recomendada para mayores de 7 años.
Volví a retomar la película y aunque la ví con un nudo en la garganta hasta casi el final, tengo que reconocer que es de las que llegan adentro. Jim Sheridan creció en Irlanda junto a su hermano Frankie, que murió de un tumor en la cabeza, hizo esta película en memoria de este hermano y podríamos decir que algo de ésto se refleja en la película.
La sinopsis: Un matrimonio irlandés se instala con sus dos hijas en Nueva York, en un edificio dantesco que tratan de transformar en un hogar agradable y acogedor. Su situación económica es angustiante y un hecho trágico de su pasado les persigue. No parece que las niñas sean del todo conscientes de esta difícil situación, pero todo parece estar abocado a la desgracia. Hasta que Mateo, un vecino del edificio, entra en sus vidas. Y, poco a poco, va asomando un rayo de esperanza, aunque no se puede hablar de "happy end".